• MENÚ

Pretexto

 

“O Sur” é a segunda entrega da biloxía “Shoots from Abyssinia”. Parten ambas do desexo do director de que os seus fillos Abdul e Abdi realicen a viaxe iniciática das suas vidas. Se no primeiro filme, Abdul acompañado da sombra de seu pai e coa guía História da Etiópia de Pedro Páez, mergullase nas orixes do seu país centrándose na metade norte de Etiopía; neste segundo filme é o pequeno dos irmáns, Abdi, o que fai a súa persoal viaxe na procura das raíces biolóxicas. Da man do seu irmán maior, métense de cheo na cultura Gurage, a etnia dos seus proxenitores, a súa propia etnia. Esta segunda viaxe, sen lugar a dúbidas, era o complemento que permitiría coñecer e recoñecer este grande e xoven país na paisaxe e na paisanaxe.

Pretensións

 

A serie documental pretende por en valor, mostrar e demostrar que a súa terra, Etiopía, está lonxe de tipos e estereotipos que se asentaron durante moito, demasiado tempo, no descoñecemento, na xeneralización e nos prexuízos das xentes de Europa sobre o grande e variado continente que é África. Mostrar as particularidades de cada país africano, de cada nación, de cada etnia, e por de manifesto a inmensa variedade agochada tras dun nome. Pero se o basto e amplo continente africano é descoñecido, Etiopía alcanza un maior grado se cabe, nese descoñecemento.

E hoxe, despois dun éxodo encuberto e silencioso de meniños que atoparon familia en Europa e América, é necesario que se sintan orgullosos da terra que os veu nacer. Non está na nosa man decilo, pero se conseguimos alcanzar minimamente ese obxectivo, o traballo pagou a pena.

 

 

FICHA TÉCNICA

 

Duración: 98 minutos.

Formato: H264 1080p HD.unha vivencia protagonizada por

Abdi Fernández Fondevila

Abdul Fernández Fondevila

produción executiva e tutela en Etiopía

Catarina Fernández Fondevila

produción executiva en España

Marcos Fernández Fondevila

guión, imaxe, edición e dirección

Ovidio Fernández Sánchez

música

"Addis Addis"composta e interpretada por José Nine

Cantos e danzas da etnia Dorze

Danzas e ritmos da etnia Hammer  na aldea de Turmi

"Danakil" e "Djibouti railway" composta e interpretada por  Manolo Gutiérrez

"Vida sen Pipa" interpretada por Sumrrá (Xacobe M Antelo)

"Inferno" composta e interpretada por LAR Legido.

 condutor e guia

Abinet

familia etíope

Fikere, Adey, Kidest e Diky Gebreselassie,

o xefe de Estación de Addis Abeba, que nos abriu as portas do seu grande mundo.

ó neno Elías, sen el nunca atoparia  mos os elefantes etíopes.

Grazas a todas e cada unha das etnias de Etiopía e ás súas xentes, en especial ós milleiros de nenos que nos saíron ó paso e que nos entregaron o máis valioso co que nos puideron agasallar:  o seu sorriso.