Ovidio Fernández

Shoots from Abyssinia

 

Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar a súa terra despois de 4 anos de ausencia.  O seu pai dálle un libro, Historia da Etiopia escrito en portugués fai 400 anos por Pedro Páez. O rapaz empregará este libro como guía perseguindo os pasos do autor. Pouco a pouco a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise mais real, mais latente. Tamén se vai facendo mais real, mais latente,  Etiopía.

A historia, planeada como viaxe iniciática,  chega ó clímax cando finalmente descubre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubrira para o mundo.  O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.

 

Ficha técnica

 

Duración:

101 minutos.

Formato:

H264.HD.

Protagonista:

Abdul Fernández Fondevila

Produción executiva:

Catarina Fernández Fondevila

Imaxe, guión e montaxe:

Ovidio Fernández Sánchez

Terra, fin de ciclo

 

Marta é a personificación de toda unha xeración de galegos que racha definitivamente cun mundo en crise. Filla, neta, bisneta de labregos, é consciente de que ese mundo se vai e inicia unha viaxe polas aldeas abandonadas do seu entorno, debate e interroga a compañeiros e historiadores buscando respostas. Sen renunciar a un pasado apegado ó terrón, ergue a cabeza para reivindicar sen complexos un lugar nun mundo novo cheo de incertezas.

TERRA, fin de ciclo” é un documental que se distancia de estereotipos idílicos ou bucólicos do mundo rural galego para enfrontarse coa crúa realidade dun pasado de penurias e miseria. Nas nosas aldeas, outrora cheas de vida e sacrificio, xa só quedan vellos, polo que de xeito inexorable, e a medida que quedan as casas valeiras, estes espacios quedan anegados pola maleza, eucaliptos e muíños de vento. Amósanse preguntas, interrógase, contrapóñense as reflexións no entorno desta moza nada na aldea de Sinllán, no concello das Nogais, corazón da montaña galega.

 

Ficha técnica

Baseada nunha idea de: Marta de Sinllán e Ovidio Fernández

Imaxe, Guión e Dirección: Ovidio Fernández Sánchez

Duración: 54 minutos

Inicio da rodaxe: Novembro de 2001.

Localizacións: Sinllán (As Nogais), Pena da Seara (Pedrafita),  Coruxedo e Vilarantón (Navia de Suarna),  Grobas(Forcarei),  Castro de Viladonga (Terra Chá), Burgo das Nacións, Museo do Pobo Galego, Hotel ¨Los Abetos¨, e rúas de  Santiago de Compostela

Interveñen:  Marta de Sinllán e seus pais Leonisa López e Amaro Rodríguez,  Xosé Manuel Vega (xornalista),  Modesta Fernández Gómez (veciña), Lucía Rey Insua e Esperanza González (estudiantes), Manuel Rodríguez  e José Manuel Valle (matachíns), Xosé Ramón Villares e Feipe Arias (historiadores)

Producción:  Infernos.tv

As mans dun pobo, a xente do mar contra a marea negra

 

Sábado, 15 de novembro de 2002: chegan as primeiras manchas de cru á Costa da Morte tres días despois do embarrancamento do petroleiro Prestige. Fin de semana de temporal e os mariñeiros contemplan, ao lado de turistas e curiosos, o comezo da que seria a peor marea negra de Europa. Poucos días tardarían en ter que botarse ao mar para atallar  a entrada do petróleo nas rías galegas, de norte a sur.

Un equipo de TVE-Galicia testemuña, durante case tres meses, o incansable esforzo que a xente do mar adica a limpeza do chapapote. Dous anos despois,   coas imaxes orixinais debaixo do brazo, volvemos a costa buscando aquelas personaxes que fai dous anos ocuparan vinte segundos dun telexornal por tentar frear unha marea negra coas súas propias mans.

 

Ficha técnica

Baseada nunha idea de: Xandra Tedin e Ovidio

Fernández

Guión e Dirección: Ovidio Fernández Sánchez e

Xandra Tedín

Montaxe: José Antonio Cancela

Imaxe: Ovidio Fernández

Duración: 52 minutos

Formato: Betacam SX

Localizacións: Costa da Morte: Santa Mariña, Camelle (Camariñas), Fisterra, Malpica, Carnota, Aguiño  Ribeira, Meloxo, Noalla e O Grove.

Naviegos, os outros arraianos

 

É unha idea que se esboza nos xogos da infancia, madurou no faiado da memoria do autor, e hoxe se concreta nun intento de recuperar aquelas vivencias condicionadas polo río. Unha pelota río abaixo e o seu afán por recuperala 31 anos despois, lévao a desandar o camiño e as consecuencias que eso supón; a vivencia de moitas e variadas historias arraiáns.

 

Ficha técnica

A documental, de 90 minutos, empezouse a rodar en novembro de 1.999, formato Betacan SP,

Música: ADN.

Gravada nos estudios da Radio Galega. Técnico de son: Pablo Barreiro.

Producción: Carmen Mosquera Sende.

Edición e Montaxe en AVID: Jesús González García.

Imaxe, Guión e Dirección: Ovidio Fernández Sánchez