Abdi
Abdul
Catarina
Marcos
Ovidio
Abdi Fernández Fondevila
Ola, son Abdi Fernández Fondevila, teño 15 anos, son o máis novo de catro irmáns, e vivo en Santiago de Compostela, no finisterre europeo, aínda que nacín en Addis Abeba, Etiopía.
Son protagonista desta longa aventura de miles de quilómetros á miña terra de orixe á que me acompañaron meus irmáns Abdul e Catarina.
A viaxe foi longa e cansada, pero espectacular. Vivimos un sinfin de historias e peripecias, pero o que máis me gustou foi ver animais salvaxes tan preto: xogar cos monos polo camiño, perseguir ós elefantes pola sabana, atoparnos con crocodilos e hipopótamos... e o que menos me gustou foi visitar os temibles e salvaxes "Mursis", unha tribo de repugnantes.
Aínda que xa vira a primeira parte, canto máis tempo pasa, máis percibo que Etiopía e un grande país rico e variado.
Abdul Fernández Fondevila
Ola, son Abdul Fernández Fondevila e nacín en Addis Abeba aínda que agora vivo en Santiago de Compostela.
A primeira viaxe, no 2010, para min foi moi especial: reencontreime co meu país e cos antigos amigos e dinme conta que non me esquecera da miña lingua materna, o amárico; pero agora tratábase de ensinarlle a meu irmán pequeno a terra orixe dos nosos pais biolóxicos, a etnia Gurage. Foi emocionante porque so estivera unha vez alá cando tiña uns cinco anos cando aínda vivía miña aboa.
Teño que recoñecer que pasei momentos incómodos como dar de comer ás hienas ou cruzar o río Omo en canoas moi fráxiles, pero mereceu a pena. Espero que, con esta segunda viaxe, descubrades o meu país e teñades outra percepción do mesmo.
Catarina Fernández Fondevila
Ola, son Catia, a mais vella dos catro. Debe ser por iso que meu pai me encomendou a tarefa
da produción, pero realmente o meu traballo foi poñer orden nesta viaxe de tolos.
Fixen as dúas viaxes e, si se dera o caso, repetiría sen lugar a dubidas. Moitas, moitas horas e milleiros de quilómetros convivindo nun coche sobre complicados camiños soportando o xeito un tanto caótico de traballar do meu pai. Afortunadamente todo saíu ben pero houbo momentos nos que dubidaba. Paisaxes incribles, centos de etnias e milleiros de nenos. Gústanme moito os nenos, pero houbo días en que...
Marcos Fernández Fondevila
Ola, son Marcos, o eterno ausente das viaxes.
Sufrinas dende a distancia e con certa envexa pero orgulloso de que meus irmáns pequenos puidesen visitar e coñecer con tanto detalle o seu país. Quédame gozar do resultado da gravación e aturar os centos de anécdotas que contan a cotío. Agora encárganme de todo, dende os subtítulos ás traducións, para sacar adiante o traballo da distribución. A miña materia pendente, obviamente, é poder coñecer esas inhóspitas terras pero todo chegará.
Ovidio Fernández Sánchez
Ola, eu son o máis vello, e polo tanto o responsable desta desfeita.
Para min o mais importante foi saber que teño uns fillos que son capaces de resistir as probas mais duras e saír co sorriso nos beizos. Aínda que saben que teñen un pai un pouco tolo, non por iso renegan de min. Orgullo de pai!!!
O mellor da viaxe foi volver a casa sans e salvos con unha morea de experiencias novas e un.