Ovidio Fernández
Naviegos, os outros arraianos
As mans dun pobo
Terra, fin de ciclo
Shoots from Abyssinia
Naviegos, os outros arraianos
É unha idea que se esboza nos xogos da infancia, madurou no faiado da memoria do autor, e hoxe se concreta nun intento de recuperar aquelas vivencias condicionadas polo río. Unha pelota río abaixo e o seu afán por recuperala 31 anos despois, lévao a desandar o camiño e as consecuencias que eso supón; a vivencia de moitas e variadas historias arraiáns.
O Navia, lindeiro oriental de Galicia, nace na confluencia de 3 comunidades: León, Asturias e Galicia, ó pé do Camiño de Santiago, no epicentro dos terremotos que mais convulsionaron Galicia na súa historia recente. Busnullán, no Cebreiro, é a aldea que arroupa un parto explosivo que permite xerar a forza suficiente como para dar vida a 5 muíños e 2 aceas nos 500 primeiros metros da súa vida. O castelo de Doncos permite unha reflexión sobre as lendas mouriscas na voz se Xerardo Pardo de Vera. O río Ser aporta o caudal ancarés que trae as augas e as historias de Suarbol, enclave leonés nos Ancares Galegos.
Navia de Suarna é un remanso onde o autor se detén e rememora as súas vivencias que o levan río abaixo nun frenesí por recuperar un tempo que xa pasou. O profesor González Reboredo define as características comúns dos naviegos. Os lindes administrativos galaico-asturianos quedan desfigurados no leito do Navia que atopa a súa primeira ferida de morte ca chegada ó embalse de Grandas. Negueira de Muñiz recupera a súa memoria na lembranza do Sr. Muñiz, nos veciños da marxe dereita que abandonan as aldeas incomunicadas polos embalses e na ocupación desas casas polos hippys da comuna nos anos 70. Grandas e Boal, xa en terras de Asturias nos falan de 2 embalses máis, que paralizan a vida transfronteiriza. A morte do río remata na vila de Navia, xa no mar Cantábrico, con un ecosistema moi deteriorado.
Ficha técnica
A documental empezouse a rodar en novembro de 1.999, e o longo de un ano fíxoselle un seguimento periódico. En paralelismo cá vida, iniciase cun nacemento na neve, unha xuventude primaveral, un verán adulto e enfermizo e un outono decadente na vellez final.
Na cinta empréganse tódolos recursos necesarios para vivir o Navia de xeito distinto:
imaxes aéreas, en piragua, en lancha, a pé de río, desde as cumes, imaxes inéditas dos anos 50, 60 e 70, etc.
A linguaxe queda definida pola fala das xentes que de un xeito natural marcan
as etapas percorridas.
Duración: 90 min.
Formato: BETACAM SP 4:3
Música: ADN.
Gravada nos estudios da Radio Galega.
Técnico de son: Pablo Barreiro.
Producción: Carmen Mosquera Sende.
Edición e Montaxe en AVID: Jesús González García.
Imaxe, Guión e Dirección: Ovidio Fernández Sánchez
As mans dun pobo, a xente do mar contra a marea negra
Sábado, 15 de novembro de 2002: chegan as primeiras manchas de cru á Costa da Morte tres días despois do embarrancamento do petroleiro Prestige. Fin de semana de temporal e os mariñeiros contemplan, ao lado de turistas e curiosos, o comezo da que seria a peor marea negra de Europa. Poucos días tardarían en ter que botarse ao mar para atallar a entrada do petróleo nas rías galegas, de norte a sur.
Un equipo de TVE-Galicia testemuña, durante case tres meses, o incansable esforzo que a xente do mar adica a limpeza do chapapote. Dous anos despois, coas imaxes orixinais debaixo do brazo, volvemos a costa buscando aquelas personaxes que fai dous anos ocuparan vinte segundos dun telexornal por tentar frear unha marea negra coas súas propias mans.
Ficha técnica
Baseada nunha idea de: Xandra Tedin e Ovidio Fernández
Guión e Dirección: Ovidio Fernández Sánchez e Xandra Tedín
Montaxe: José Antonio Cancela
Imaxe: Ovidio Fernández
Duración: 52 minutos
Formato: Betacam SX
Localizacións: Costa da Morte: Santa Mariña e Camelle (Camariñas) , Fisterra, Malpica e Carnota
Ría de Arousa: Aguiño Ribeira, Meloxo, Noalla e O Grove
Terra, fin de ciclo
Marta é a personificación de toda unha xeración de galegos que racha definitivamente cun mundo en crise. Filla, neta, bisneta de labregos, é consciente de que ese mundo se vai e inicia unha viaxe polas aldeas abandonadas do seu entorno, debate e interroga a compañeiros e historiadores buscando respostas. Sen renunciar a un pasado apegado ó terrón, ergue a cabeza para reivindicar sen complexos un lugar nun mundo novo cheo de incertezas.
TERRA, fin de ciclo” é un documental que se distancia de estereotipos idílicos ou bucólicos do mundo rural galego para enfrontarse coa crúa realidade dun pasado de penurias e miseria. Nas nosas aldeas, outrora cheas de vida e sacrificio, xa só quedan vellos, polo que de xeito inexorable, e a medida que quedan as casas valeiras, estes espacios quedan anegados pola maleza, eucaliptos e muíños de vento. Amósanse preguntas, interrógase, contrapóñense as reflexións no entorno desta moza nada na aldea de Sinllán, no concello das Nogais, corazón da montaña galega.
Ficha técnica
Baseada nunha idea de: Marta de Sinllán e Ovidio Fernández
Imaxe, Guión e Dirección:
Ovidio Fernández Sánchez
Duración: 54 minutos
Formato: Vídeo Dixital
Inicio da rodaxe: Novembro de 2001.
Localizacións: Sinllán (As Nogais), Pena da Seara (Pedrafita), Coruxedo e Vilarantón (Navia de Suarna), Grobas(Forcarei),
Castro de Viladonga (Terra Chá), Burgo das Nacións, Museo do Pobo Galego, Hotel ¨Los Abetos¨, e rúas de
Santiago de Compostela
Interveñen: Marta de Sinllán e seus pais Leonisa López e Amaro Rodríguez
Xosé Manuel Vega (xornalista)
Modesta Fernández Gómez (veciña)
Lucía Rey Insua e Esperanza González (estudiantes)
Manuel Rodríguez e José Manuel Valle (matachíns)
Xosé Ramón Villares e Feipe Arias (historiadores)
Producción: Infernos.tv
Shoots from Abyssinia
Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar a súa terra despois de 4 anos de ausencia. O seu pai dálle un libro, Historia da Etiopia escrito en portugués fai 400 anos por Pedro Páez. O rapaz empregará este libro como guía perseguindo os pasos do autor. Pouco a pouco a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise mais real, mais latente. Tamén se vai facendo mais real, mais latente, Etiopía.
A historia, planeada como viaxe iniciática, chega ó clímax cando finalmente descubre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubrira para o mundo. O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.
Ficha técnica
Duración:
101 minutos.
Formato:
H264 HD.
Protagonista:
Abdul Fernández Fondevila
Produción executiva:
Catarina Fernández Fondevila
Imaxe, guión e montaxe:
Ovidio Fernández Sánchez